Chega a 12ª edición do curso de Vitae sobre Microsoft Power BI (modelado e análise de datos)

martes, 10 de outubro do 2023 S. P.

Vitae Consultores vai ofrecer este outono unha nova edición, a número 12, do seu curso Microsoft Power BI: Modelado e Análise de Datos. Terá 30 horas de duración e estenderase ao longo dos días 13, 14, 16, 17, 22, 24, 27, 29 e 30 de novembro de 2023. O curso divídese en seccións de explicación teórica sobre os conceptos e exercicios para poñer en práctica os coñecementos. Segundo explica Vitae, a formación en Power BI require coñecementos teóricos para desenvolver habilidades co manexo da aplicación.
Esta actividade formativa ten o obxectivo de ilustrar aos asistentes sobre un dos recursos máis destacados e populares dos que podemos botar man para tomar as mellores decisións nos negocios: Power BI, unha solución formada por un conxunto de ferramentas que permiten obter datos de moi diversas fontes, integralos e convertelos logo en información útil e rendíbel que pode ser compartida en eficaces ferramentas de visualización e colaboración.
Vitae explica que o programa do curso segue o itinerario formativo recomendado por Microsoft para garantir a calidade dos contidos impartidos e para capacitar aos asistentes no uso de Power BI.
Ademais, este curso capacita para preparar aos alumnos que de maneira opcional desexen presentarse ao exame oficial de certificación Power BI de Microsoft.
Este curso está dirixido a todas as persoas interesadas en aprender o manexo de Microsoft Power BI, analistas de datos, de negocios e persoas que queiran entrar na industria da analítica e que teñan experiencia previa no uso doutras ferramentas de informes, como as táboas dinámicas de Microsoft Excel, desexen ou non certificarse. Ademais, este curso tamén está dirixido a quen de maneira opcional desexen realizar o exame de certificación Microsoft PL-300 de Power BI.
O curso desenvolverase en formato de aula virtual con clases en directo e acceso ás sesións gravadas para a súa consulta.
Será impartido por Alejandro Ayala, formador e consultor de Power BI, con longa experiencia nesta ferramenta e en achegar recursos formativos sobre a mesma (dende hai máis de 5 anos). Alejandro está recoñecido como Microsoft Certified: Data Analyst Associate, Lean SixSgmaGreen Belty e máster en Business Intelligence e en Loxística Integral. Experto en Microsoft Power BI, Certificado MVP de Microsoft, o que o acredita como uns dos mellores expertos recoñecidos por Microsoft en Power BI en España, ademais impartiu formación a diversas empresas tanto a nivel nacional como internacional. É co-organizador da comunidade Power BI de Barcelona con máis de 1.400 membros e que organizan eventos e relatorios de prestixio nacional e internacional.

PUBLICIDADE