Chega a España a nova base de carga sen fíos de Microsoft
xoves, 14 de xaneiro do 2016
Cada vez son máis
os fabricantes que nos seus produtos de alta e media gama incorporan a cómoda
carga sen fíos (existindo incluso adaptadores que permiten integrar esta
tecnoloxía (Qi) en dispositivos que non a inclúen de serie) e para facilitar a
carga de smartphones sen o uso de cable Microsoft
vén de engadir á súa tenda en liña a placa de carga sen fíos DT-904, que
facilita que carguemos o teléfono con só pousalo sobre a mesma.
Esta placa de carga resulta cómoda e elegante, casando especialmente co deseño
dos smartphones da familia Lumia (aínda que tamén pode empregarse con teléfonos
con carga sen fíos doutras compañías) e conta tamén cunha luz suave na súa
parte inferior que indica cando a batería está baixa de carga. Este accesorio
tamén conta cunha luz de notificación de chamadas perdidas, mensaxes de texto e
mensaxes de correo electrónico.
A placa de carga DT-904 colle enerxía a través dun porto USB, conta con
conectividade Bluetooth 4.0 e NFC (para a sincronización co smartphone), mide
159 x 76 x 8,9 milímetros, pesa 150 gramos, inclúe un cable de 1,5 metros e o
seu prezo oficial é de 69,99 euros.
- A nova base de carga está deseñada pensando nos smartphones da familia Lumia