Chega a España o Nokia Lumia 635

mércores, 2 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Os usuarios que desexen un terminal móbil coa última versión de Windows Phone e conectividade 4G, poden xa dende agora adquirir en España o Nokia Lumia 635, que está á venda libre por 179 euros (podendo adquirirse a prezos máis axustados a través de operadores móbiles como Orange).
Estamos ante un smartphone con pantalla IPS de 4,5 polgadas cunha rresolución de 854 x 480 píxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 400 de catro núcleos a 1,2 GHz, 512 Mb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de memoria de até 128 Gb), cámara traseira de 5 Mpíxeles, Bluetooth 4.0, batería de 1.830 mAh, un grosor de 9,2 milímetros e un peso de 134 gramos, que non só presume dunha construción robusta, senón tamén de Windows Phone 8.1, de xeito que ofrece dende o software ofimático de Microsoft até os mapas Here de Nokia, pasando por novidades moi atractivas como o novo centro de notificación, unha mellor integración coas plataformas sociais e un teclado que permite escribir palabras sen despegar o dedo da pantalla.