Chega a España a Surface Go
martes, 28 de agosto do 2018
A primeiros de xullo presentouse
a Surface Go, a tableta de entrada
de Microsoft, que en vez dos elevados prezos das Surface Pro parte dun prezo de
449 euros, e por
fin sae á venda en España, de xeito que podemos mercar a versión básica con
4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento eMMC polos mencionados 449 euros, mentres
que por 599 euros podemos facernos co modelo con 8 GB de RAM e 128 GB de
almacenamento SSD. Adicionalmente tamén está á venda a funda-teclado Surface
Go Type Cover por 99,99 euros, o lapis
para Surface por 109,99 euros e o Surface
Mobile Mouse por 35,99 euros.
Lembremos que este equipo informático con Windows 10 conta cunha pantalla
táctil PixelSense de 10 polgadas, pesa só 522 gramos, ten un grosor de só 8,3
milÃmetros e integra unha peaña para facilitar o seu uso no escritorio.
Funciona cun procesador Intel Pentium Gold de sétima xeración e promete unha
autonomÃa de até 9 horas.
Cómpre advertir que a versión máis básica resulta moi limitada, mentres que a
configuración máis completa ten un prezo demasiado próximo a equipos dunha gama
moi superior, xa que de sumarlle todos os accesorios aproximarÃase aos 845
euros, o que para a meirande parte de consumidores resultarÃa excesivo para un
produto desta gama.
AÃnda que o hardware do Surface Go é o dunha tableta, dado o software co que
funciona resulta máis razoable velo como un ordenador portátil completo e altamente
transportable, que tamén resulta práctico para o consumo multimedia. É asà unha
solución atractiva para quen quere levar un ordenador enriba sen cargar cun
equipo pesado, á vez que tamén pode resultar bastante práctico o feito de poder
equiparse cun lapis dixitalizador para poder tomar notas, realizar esquemas e,
en definitiva, ser máis versátil que un ordenador convencional.