Chega a España o ZTE Grand X Pro

xoves, 4 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Os móbiles chineses van gañando paulatinamente peso no mercado español, e ao incremento da aceptación da marca Huawei está a seguirlle ZTE, compañía que estes días está a traer ao noso territorio tanto a través de operadoras móbiles como libre (en tendas como MediaMarkt, na que está dispoñible a un prezo de 247,96 euros) o ZTE Grand X Pro, un completo smartphone con pantalla de 4,5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de ata 32 Gb de capacidade), cámara traseira de 8 Mpíxeles con flash LED, cámara frontal de 0,3 Mpíxeles e sistema operativo Android 4.0, que pode converterse nunha magnífica opción para quen busque un móbil moi completo sen entrar na alta gama e os seus prezos.
O ZTE Grand X Pro chega con carcasas de varias cores, Bluetooth 4.0, Wi-Fi N, un grosor de só 9,4 milímetros, un peso de 145 gramos, e batería de 2.000 mAh (que proporciona unha autonomía de ata 500 hora en espera e 11 horas en conversa).

PUBLICIDADE