Chega a Europa o LG Optimus L7

xoves, 3 de maio do 2012 Marcus Fernández

A prometedora liña de móbiles L-Style continúa o seu desembarco europeo, e finalmente temos no noso mercado ao seu principal integrante, o LG Optimus L7, que é o primeiro móbil de LG en lanzarse con Android 4.0, que sitúase nunha gama media do fabricante surcoreano cun procesador a 1 GHz, cámara de 5 Mpíxeles (capaz de disparar unha fotografía con enfoque automático en só 0,6 segundos), pantalla de 4,3 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, NFC e un grosor de só 8,7 milímetros.
Este interesante terminal sae á venda hoxe en Europa, para comezar a venderse en Asia o mes que vén.

PUBLICIDADE