Chega a Kickstarter un reprodutor de cintas de música con Bluetooth 5.0

venres, 5 de xullo do 2019 Marcus Fernández

Para os nostálxicos das cintas de música e dos reprodutores portátiles tipo Walkman que tan populares foron na década dos 80 chega esta semana a Kickstarter un proxecto que pretende facer realidade para finais de ano un reprodutor de casetes chamado IT’S OK e que como peculiaridade ten que sería o primeiro produto deste tipo en incluír conectividade Bluetooth 5.0, de xeito que permitiría tanto escoitar cincas con auriculares con cable como a través de dispositivos sen fíos.
Estamos ante un produto claramente innecesario, pero que resulta moi rechamante, de aí que non sorprende que en poucas horas superarase as súas metas de financiamento, podendo adquirirse unha destas unidades (que fabricaranse en tres cores distintas) por uns 588 dólares de Hong Kong (uns 67 euros).
IT’S OK non só permite reproducir cintas de música e escoitalas por Bluetooth ou cable, senón que tamén conta con micrófono para permitir gravar a través dun micrófono integrado, o que resulta un tanto rechamante, xa que supón que aínda se realizan un uso activo das casetes.
Dado que actualmente calquera persoa leva enriba un smartphone, empregar un dispositivo adicional para escoitar música a través de Bluetooth semella completamente redundante, e tendo en conta que aínda se vende conversores de casete a MP3 que custan menos de 20 euros, temos que o IT’S OK é principalmente un produto para quen desexa chamar a atención por reproducir música dun xeito tan diferente como absurdo.

O produto estará dispoñible en tres cores distintas
Poder escoitar cintas de casete a través de auriculares ou altofalantes con Bluetooth 5.0 é una experiencia orixinal só apta para nostálxicos

PUBLICIDADE