Chega ao mercado o Gpod: a solución para as soidades con achega de música

mércores, 1 de agosto do 2007 Matías Olazabal

Para quen pensou que o último en tecnoloxía era o iPhone, recentemente lanzado ao mercado estadounidense, cómpre sinalarlle que dous empresarios xaponeses xa deron un novo paso no que a este tipo de tecnoloxía se refire, inventando o Gpod, artigo que podería definirse como “o vibrador que baila”.
O trebello en cuestión consiste nunha pequena caixa do tamaño dun Ipod que, en troques de reproducir música a través duns cascos, ten no seu lugar un vibrador que se move en base a os estímulos musicais procedentes dunha fonte de audio –externa- que pode ser dende un teléfono móbil, un MP3, ou até unha televisión.
Segundo Ichiro Kameda, un dos inventores do xoguete presentado na Exposición de Tesouros Adultos 2007, o teléfono tamén respondería á voz humana permitindo “o seu emprego en Tokío mentres @ nos@ moz@ está a falar dende Nova York".
Tendo en conta o publicado polo sitio gizmodo.com, o nome do novo produto provén da conxunción do termo “jii” (que en xaponés significa masturbación) e o concepto do iPod, o reprodutor da marca Apple, compañía que non só non quixo falar do novo produto, senón que, coñecendo a afinidade da firma da mazá polos xulgados, mesmo poderíamos asistir en breve a un novo episodio de preito xudicial por dereitos de nome.
Se ben aínda non queda claro se o novo gadget para adultos se vai comercializar de xeito masivo, os fabricantes xa teñen operativo un sitio web no que explican -en clarísimo xaponés- todas as características do Gpod No caso de que non que teñamos 25.000 iens (146 Euros) a man, poderemos ser un dos primeiros en probar (ou en regalar) este novidoso sistema de autosatisfacción.