Chega ás tendas un cubo de Rubik intelixente

venres, 25 de outubro do 2019 Marcus Fernández

Os cubos de Rubik convertéronse co tempo en todo un obxecto de culto, que non só supoñen un reto para a súa resolución, senón que tamén protagonizan campionatos de velocidade, con persoas capaces de resolvelos en poucos segundos e, para facilitar a introdución a este desafío mental chega o Super Cube i3SE, que é un cubo de Rubik de 3x3x3 con conexión Bluetooth, de xeito que poden emparellarse dun smartphone ou tableta con iOS ou Android para que, mediante unha aplicación.
O Super Cube i35E ten un sensor de movemento de 6 eixes e un microcontrolador que son quen de monitorizar cada rotación, para que a aplicación móbil que o acompaña sexa capaz de funcionar como titorial para principiantes, facilite o seguimento dos progresos, permita xogar en liña contra outros usuarios de todo o mundo e tamén integra minixogos para desafiar a velocidade, a memoria e as reaccións.
O cubo integra unha batería recargable con batería para 90 días e pode adquirirse xa a un prezo de 39,99 euros.

O Super Cube i3SE conta cunha aplicación móbil con xogos e que serve para aprender a resolver cubos de Rubik

Vídeo promocional do Super Cube i35SE

PUBLICIDADE