Chega dende a UVigo un proxecto para impulsar o potencial didáctico dos vídeopodcast

martes, 9 de marzo do 2021 Sandra Rivadulla

O Grupo de investigación Gies-10 da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte pretende promover o uso do videopodcast como ferramenta didáctica, xa que durante a pandemia as videochamadas e videoconferencias formaron parte da vida diaria de todo o mundo. Así, o profesor Diego Alonso, sinala que “trátase dun formato moi coñecido, que todos utilizamos no último ano e que é factible levar a cabo con poucos recursos”.
O proxecto atópase actualmente na fase de formación dos doce docentes e integrantes do grupo Gies-10. O obxectivo principal é que se desenvolvan os seus propios contidos en vídeo, para dar continuidade á iniciativa, que xa se iniciou o pasado cuadrimestre cunha serie de coloquios virtuais con profesionais formados na facultade, que se impartiron no marco da materia Actividades de fitness. Esta materia optativa buscou achegar ao alumnado ao mundo laboral, desde a perspectiva e a experiencia de antigos alumnos e alumnas da titulación, pois Alonso realizou sete videopodcasts nos que entrevistaba a titulados/as que atopábanse traballando no sector dos servizos deportivos como directores de instalacións, coordinadores de salas de fitness, monitores e recuperadores.
O videopodcast utilizarase como recurso educativo e segundo o tipo de contidos, cada participante poderá realizar unha avaliación, co propósito de obter un feedback final do alumnado e do propio profesor.

PUBLICIDADE