Chegan a España os Realme Buds Air

mércores, 5 de febreiro do 2020 Marcus Fernández

En decembro Realme anunciou os seus auriculares sen fíos con estoxo de carga, os Buds Air, que presentan un deseño moi semellante ao dos AirPods de Apple, tirando proveito da tecnoloxía Google Fast Pair para que con só abrir o estoxo os auriculares poidan sincronizarse co noso smartphone, para comodidade do usuario. Amais, o propio estoxo de carga tamén inclúe carga sen fíos, de xeito que estariamos ante uns competidores dos AirPods 2 de 229 euros, pero cun prezo moito máis competitivo, xa que chegarán o 21 de febreiro ás tendas españolas por 69,90 euros.
Estes auriculares venderanse en cor amarela, branca ou negra, presumen dunha latencia moi reducida a través de Bluetooth 5.0 (buscando que poidan empregarse en xogos) e poden controlarse mediante toques.
A súa autonomía é de 3 horas, que poden alongarse até as 17 horas de uso en total grazas ao estoxo de carga.

PUBLICIDADE