Chegan a Indiegogo as lentes de sol con auriculares de condución ósea de OptiShokz
martes, 5 de marzo do 2019
Dende
hai bastantes anos AfterShokz comercializa
distintos modelos de auriculares Bluetooth que destacan por transmitir o son ao
ouvido mediante vibración ósea, e para facer máis cómoda esta tecnoloxÃa de
cara ao verán están a promover unha
campaña de micromecenado para facer realidade as OptiShokz Revvez, unhas
lentes de sol que integran auriculares Bluetooth de condución ósea.
As OptiShokz Revvez poden verse como a
reinvención das lentes de sol deportivas, que grazas á tecnoloxÃa de son por
transmisión ósea conseguen deixar libre o ouvido mentres estamos en exteriores,
de xeito que podemos continuar a escoitar o contorno e asà movernos con
seguridade á vez que escoitamos música, podcasts ou os contidos sonoros que
desexemos.
Este produto que espera entregarse aos mecenas en xuño ten lentes de policarbonato
intercambiables (con protección UVB 400), inclúen as últimas tecnoloxÃas en
transmisión ósea de son, comunÃcanse co noso dispositivo móbiles mediante
Bluetooth 5.0 (podendo empregarse tamén para a realización de chamadas en mans
libras), gozan dunha baterÃa con até 6 horas de duración, contan con
resistencia á suor e á auga (IP55), os seus transdutores están situados en patillas
flexibles para facilitar a súa cómoda colocación detrás das orellas, inclúen
distintas pezas de silicona para soster as lentes sobre o nariz do xeito máis
axeitado á forma da nosa cara, pesan só 48,5 gramos e neste momento poden
conseguirse a un prezo de 99 dólares, que con gastos de envÃo queda en pouco
máis de 100 euros, prezo realmente axustado se temos en conta que os auriculares
deportivos de AfterShokz Trekz (os máis básicos da gama) xa teñen un prezo de
99 euros.
- As OptiShokz Revvez poden adquirirse xunto a lentes de policarbonato intercambiables de distintas cores
- Ao non obstruÃr o pavillón auditivo as lentes facilitan o uso seguro dos auriculares Bluetooth en numerosas situacións
VÃdeo promocional das OptiShokz Revvez