Chegan ao mercado español novos Chromebook
luns, 18 de maio do 2020
Hai 10 anos Google quixo popularizar un concepto de ordenador
portátil orientado á Internet, os Chromebook, que nos EE.UU. conseguiron trunfar
no sector educativo pero que en España apenas tiveron presenza comercial,
resultando practicamente imposible atopalos en tendas físicas e sendo uns auténticos
descoñecidos para os docentes. Pero esta situación podería mudar radicalmente
nos vindeiros meses, xa que dende
hoxe mesmo os Chromebook melloran a súa presenza comercial en España, de
xeito que poderemos ver equipos desta categoría de fabricantes como Acer, Asus,
HP e Lenovo a través de tendas como Amazon, El Corte Inglés, MadiaMarkt e PC
Componentes, ou incluso o novo espazo web que recolle
os produtos desta familia que poden mercarse en España.
Os Chromebook son equipos que resultan moi prácticos, xa que están orientados
a un uso práctico baseado na tecnoloxía web de Google, o que inicialmente pode
parecer moi limitado, pero que cada vez é un escenario máis completo, e que
xoga con grandes vantaxes como un elevado nivel de seguridade (o sistema
operativo é moi seguro, e cun grande nivel de control dos seus usuarios),
facilidades á hora de administrar os usuarios que os usan (algo moi práctico no
caso de que os usuarios sexan rapaces, xa que proxenitores ou docentes poderán
establecer certos límites de uso) e incluso conta cunha autonomía da impresión (provocada
principalmente pouca esixencia de potencia que ten Chrome OS).
Entre os equipos que chegan a España destacan o Lenovo Chromebook S45-14 , que
parte dun prezo de 349 euros, e que en breve terá como grande competidor o Acer
Chromebook 311, cun prezo de 299 euros e un deseño resistente (pensando
principalmente no seu uso por cativos). Tamén incorporouse ao catálogo de
equipos o Lenovo Chromebook C340-11, que terá un prezo de 399 euros.
Cómpre lembrar que os últimos Chromebook xa non se limitan a correr aplicacións
web, senón que tamén son compatibles con aplicacións para Android e moitos
modelos incluso contan con pantalla táctil, de xeito que son equipos moi versátiles,
que sen chegar a ser un ordenador tradicional, poden suplir moitas das súas
funcións e incluso resultar moito máis eficientes en certos escenarios.