Chegan as rebaixas de Nadal a Xbox e PC (Steam)
martes, 22 de decembro do 2015
Os petos dos xogadores están en perigo nos vindeiros dÃas,
pois varias das plataformas de venda de videoxogos en formato descargable están
a celebrar o Nadal con descontos moi importantes, e mentres Sony aÃnda enredada
coa súa promoción de 12 Ofertas de Nadal (que ten como prato forte un xogo de
primeira liña que cambian cada 48 horas, que chega xusto agora á súa fin),
Steam e Xbox xa están a amosar as súas grandes armas.
No caso de Microsoft, durante 17 dÃas
ofrece descontos na tenda dixital de Xbox, no que aseguran que son as
rebaixas máis grandes que nunca fixeron nesta plataforma, que chega baixo o
nome de Cuenta Atrás ou Countdown, no que van combinando ofertas
diarias con ofertas semanais que chegan a descontos do 85%.
Entre os xogos que estarán rebaixados até o dÃa 28 figuran grandes tÃtulos como
Titanfall, Transformers: Devastation, Dragon
Ball Xenoverse, LEGO Batman 3 ou The Witcher 3, que os usuarios Gold
poden conseguir como mÃnimo a metade de prezo; mentres que que outros xogos
máis recentes teñen rebaixas máis modestas, pero bastante atractivas (por
exemplo, un dos grandes tÃtulos da campaña de Nadal, Rise
of the Tomb Raider, pode mercarse por 46,89 euros, prezo polo que tamén
podemos conseguir Mad
Max).
Máis agresivas son aÃnda as ofertas de
Steam, que un ano máis prometen deixar tremendo as tarxetas bancarias dos
xogadores de PC con brutais descontos até o 4 de xaneiro. A cousa comeza forte
con Metal Gear Solid V: The
Phantom Pain cun 33% de desconto, Game of Thrones – A Telltale
Games Series e Mad Max cun 66% de
desconto, Back to the Future: The Game cun 75% de desconto, Dark Souls II cun 62%
de desconto ou a
triloxÃa de The Witcher con
descontos de entre o 50 e o 85%.
En definitiva, unha magnÃfica oportunidade para incorporar xogos á nosa
colección a un prezo moi inferior do que teñen fóra dos perÃodos de rebaixas
aos que nos teñen acostumados os de Steam.