Código Cero dedica o último número da súa edición impresa á relación entre o Turismo e as TIC

domingo, 7 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Como tódolos meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega damos conta de todo o relativo ao Congreso Turismo e Novas Tecnoloxías que se celebra a segunda semana de decembro en Santiago e que organizan a Consellería de Innovación, Turgalicia e máis a plataforma Vindeira.
Ademais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes:
- Galiza: Destino e punto de partida
- Turismo-TIC, punto por punto
- Vindeira: plataforma galega aberta
- Asired dará a coñecer o Travel Software
- Booking.com: experiencia en reservas hostaleiras en liña dende 1996
- Viaxeiros Sen Fronteiras: escola de informacións xurdidas ao abeiro da maridaxe turimo-redes ao longo das últimas semanas
- O Turismo fai bo uso das TIC
- Descanso e lecer no límite do mundo: o Concello de Ribeira fainos unha aproximación aos seus atractivos turísticos
- Trebellos para viaxeiros esixentes

PUBLICIDADE