Comeza a fabricación masiva de memorias para móbiles de 12 GB
xoves, 14 de marzo do 2019
Samsung Electronics anunciou hoxe o inicio da produción en
masa dos módulos de memoria DRAM para móbiles de maior capacidade do mercado,
as unidades
LPDDR4X de 12 GB pensadas para smartphones de alta gama e ordenadores
portátiles ultradelgados (xa que estas unidades teñen un grosor de só 1,1
milímetros).
Dado que dende Samsung tamén teñen unidades de almacenamento eUFS 3.0 de 512 GB
de capacidade, xunto con módulos de 12 GB de DRAM teríamos smartphones cunhas
capacidades que poderían competir directamente con ordenadores portátiles, e
así poder atender ás cada vez maiores resolucións de pantalla ou ao maior
número de cámaras que integran os dispositivos móbiles.