Concentrador USB con cargador solar

martes, 16 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Dende a tenda de Brando continúan a sorprendernos con trebellos tecnolóxicos insólitos, coma un concentrador USB de 4 portos que incorpora un panel solar para recargar unha batería interna integrada que pode alimentar a outros dispositivos en caso de emerxencia (para o que inclúe adaptadores para algúns modelos de móbiles de Nokia, Samsung, Sony Ericsson e LG, así como un máis estándar miniUSB).
O concentrador mide 6,4 x 6,4 x 1,6 centímetros, pesa 54 gramos e só custa 20 dólares (14,37 euros) polo que resulta ideal coma hub USB que pode salvarnos en máis dunha ocasión cando a batería do noso móbil ou reprodutor de MP3 estea a piques de esgotarse.

PUBLICIDADE