Consola portátil con 20 xogos de Megadrive integrados

luns, 28 de xullo do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 34.5 KB
A orixinal portátil véndese nun atractivo paquete

Os nostálxicos dos tempos nos que a guerra de consolas era un enfrontamento entre Nintendo e SEGA poderán rememorar as súas partidas na emblemática Megadrive grazas a Blaze, unha nova consola portátil que vén de saír no Reino Unido e que é compatible cos clásicos xogos 16 bits de SEGA, que se poden ver tanto na súa pantalla LCD coma nun televisor (pois conta con saída de vídeo PAL).
A consola véndese por 29,99 libras esterlinas (37,70 euros) e inclúe 20 xogos de Megadrive: Columns, Sonic and Knuckles, Golden Axe, Shinobi, Ecco the Dolphin, Alexx Kidd (and the Enchanted Castle), Alien Storm, E Swat, Altered Beast, Arrow Flash, Crackdown, Decap Attack, Dr. Robotnik’s Mean Bean Machine, Ecco Junior, Flicky, Gain Ground, Jewel Master, Kid Chameleon, Sonic Spinball e Shadow Dancer.
Deste xeito, podemos adquirir unha consola con 20 xogos polo prezo dun único xogo para Nintendo DS, polo que non só sería un produto atractivo para nostálxico, senón simplemente como unha alternativa máis ás plataformas de xogo portátiles que hai na actualidade.


Anuncio da nova consola portátil

PUBLICIDADE