Control e versatilidade na nova Panasonic LUMIX LF1
mércores, 24 de abril do 2013
Panasonic está a ampliar a súa gama de cámaras compactas coa
LUMIX
LF1, unha prometedora cámara que ofrece unha grande versatilidade ao
combinar un grande angular, un zoom óptico de 7,1x, un sensor MOS de 12,1
MpÃxeles, unha alta sensibilidade ISO e incluso conectividade Wi-Fi e NFC. Esta
cámara é ideal para os que buscan calidade e control nunha compacta, para o que
a cámara conta cun anel de enfoque na base do seu corpo para facilitar o
control dos axustes frecuentes (como o zoom, a velocidade de obturación, a
sensibilidade ISO ou os filtros creativos) e incluso conta cunha guÃa de
composición para axudar ao usuario a conseguir a mellor composición da súa
fotografÃa. Para facilitar o seu uso en distintos contornos, a súa pantalla LCD
de 3 polgadas conta con axuste de brillo automático, pero cómpre destacar que
este modelo tamén incorpora un visor electrónico de 0,51 centÃmetros, que facilita
a realización de fotografÃas baixo unha luz solar intensa.
- A LUMIX LF1 conta con Wi-Fi e NFC para facilitar a transferencia de arquivos en mobilidade e o seu control remoto
A LUMIX LF1 conta co popular POWER O.I.S. de Panasonic, estabilizador de imaxe
que co seu modo activo consegue imaxes nÃtidas tanto en fotografÃas como en
vÃdeo (que pode ser de ata 1920 x 1.080 a 50i en AVCHD e MP4), contando tamén
cun sistema de enfoque automático rápido para capturar a escena no mesmo
momento no que se preme o disparador.
No que respecta á súa conectividade, ao contar con Wi-Fi Direct é posible
transferir as fotografÃas a un smartphone ou tablet en mobilidade, o que é
especialmente doado no caso de contar cun trebello con NFC, de xeito que só
haberÃa que aproximar os dispositivos para realizar a transferencia nuns poucos
segundos. Esta conectividade sen fÃos tamén facilita o control remoto da cámara,
tanto para a función de fotografÃa como para a de vÃdeo (de xeito que pode
manexarse o zoom ou iniciar e parar a gravación mentres pode verse a imaxe
rexistrada a distancia).