Controlador sen fíos con forma de placa de identificación
mércores, 5 de decembro do 2007
O fabricante coñecido especialmente polos seus kits
de mans libres para móbiles, Jabra, sorprende co seu BT3030,
que é un mando a distancia Bluetooth con forma de placa de identificación
militar que se pode pendurar no pescozo e ó que se poden conectar uns
auriculares para escoitar a nosa música favorita reproducida dende o móbil ou dun
reprodutor multimedia con soporte Bluetooth 1.1 ou superior a unha distancia de
ata 10 metros.
A placa identificativa incorpora os botóns de control multimedia, é resistente
a salpicaduras, pesa menos de 30
gramos e se pode cargar en 2 horas mediante un conector
miniUSB que lle dá unha autonomía de 8 horas en conversa (se o usamos como mans
libres para móbil), 7 horas de reprodución de música e 230 horas en espera.