Coros LINX: o casco de bicicleta que permite escoitar música con seguridade
luns, 12 de setembro do 2016
A ninguén se lle escapa que empregar auriculares mentres se
circula en bicicleta pola estrada é un risco moi elevado ao illar ao usuario do
contorno, e para evitar ese problema en
Kickstarter están a buscar financiamento para facer realidade o casco conectado
Coros LINX, que integra uns auriculares abertos
para permitir que os ciclistas poidan escoitar o tráfico á vez que a música, as
chamadas ou as instrucións de navegación dende o seu smartphone.
Para facer posible esta solución de comunicacións o casco de Coros inclúe uns
auriculares de transmisión ósea (que chega ao ouvido mediante vibración, sen
ocupar o pavillón auditivo) á vez que inclúe tamén micrófonos con filtros
anti-vento. Completa o produto un mando sen fÃos para poder colocar no guiador
da bicicleta e unha aplicación para o móbil (iOS ou Android).
Dado que estamos ante un produto orientado á práctica deportiva, conta con
certificación IPX5, ou sexa, que serÃa resistente e incluso soportarÃa a auga e
a suor. O seu prezo parte neste momento de 120 dólares (125 euros cos gastos de
envÃo incluÃdos), e o feito de superasen sobradamente a meta da súa campaña de
micromecenado ao pouco do seu lanzamento parece deixar claro que a súa
viabilidade está garantida, tendo que esperar os compradores ao mes de novembro
para que comece a enviarse o produto aos seus mecenas.
Presentación en vÃdeo do casco Coros LINX