Cruz, o novo tablet baseado en Android
venres, 23 de abril do 2010
Continúa a vaga
de dispositivos tipo MID/tablet inspirados no iPad e que optaron polo sistema
operativo Android 2.1 para funcionar, dando
a coñecer Velocity Micro o seu Cruz, que será un trebello con
pantalla táctil capacitiva de 7 polgadas, con navegador web con soporte de
Flash, aplicacións para a lectura de e-books e revistas, a visualización de
vídeos, a reprodución de música e xogos, almacenamento a través de tarxetas SD
e USB e incluso con acceso a un portal de contidos chamado Cruz Market.
O seu prezo estaría por debaixo dos 300 dólares, polo que sería bastante axustado
como para permitir a entrada de usuarios que busquen unha boa experiencia web e
que prefiran non facer un investimento tan forte coma o que supón o novo trebello
de Apple.
Agárdase a chegada deste novo tablet no mes de xullo, e tamén anuncian que venderanse
versións tanto con pantallas 16:9 coma 4:3, o que agradecerán moitos usuarios
que poderán así elixir entre o formato máis adaptado ás súas necesidades.