DJI lanza un casco pensado para carreiras de drons

mércores, 22 de novembro do 2017 Marcus Fernández

En vista da popularidade da carreiras de drons, DJI vén de incorporar ao seu catálogo as DJI Goggles Racing Edition, unha especie de casco de realidade virtual que véndese a 599 euros e que busca ofrecer unha visión en primeira persoa dos drons, facilitando así o seu control remoto até a 7 quilómetros de distancia cunha latencia de só 50 milisegundos.
O módulo de transmisión empregado por este casco de DJI permite recibir vídeo a 1.280 x 960 píxeles, e pode funcionar en 12 canles diferentes, facilitando así que varios drons poidan voar no mesmo espazo sen interferencias. Tamén funciona nas bandas de 2,4 e 5,8 GHz.
O casco tamén pode aproveitarse para reproducir vídeos inmersivos en numerosos formatos (MP4, MOV, AVI e MKV).

O casco de DJI permite experimentar o control dun dron en primeira persoa até a 7 quilómetros de distancia

PUBLICIDADE