Darth Vader feito memoria USB

luns, 16 de outubro do 2006 Marcus Fernández

O fabricante Mimoco está a aceptar encargas dunha nova unidade de memoria Flash por USB que presenta unha aparencia externa do popular Darth Vader de Star Wars, caricaturizado como unha figura cunha grande cabeza e que será de edición limitada (3.500 unidades).
As curiosas memorias USB venderanse a prezos de entre 80 e 170 dólares para capacidades de entre 1 e 4 Gb, que terán distintos contidos pre-cargados (trailers, fondos de escritorio, imaxes...). O modelo que se coñece ata o momento é o inspirado en Darth Vader, pero agárdase que cheguen outros baseados en distintos personaxes da saga intergaláctica máis popular da historia.

PUBLICIDADE