David Fincher podería dirixir unha película sobre Facebook
mércores, 24 de xuño do 2009
- Mark Zuckerberg, fundador de Facebook
Leva tempo
falándose de que podería facerse unha película cinematográfica aproveitando o
pulo de Facebook, e finalmente parece que o proxecto vai concretarse nunha
produción real, e Columbia Pictures tería bastante avanzadas as conversas
para que David Fincher dirixise The
Social Network (A Rede
Social), unha película baseada nun guión de Aaron Sorkin sobre a formación
de Facebook, que estaría enfocado na evolución desta plataforma dende a súa
creación en 2004 na Universidade de Harvard por parte de Mark Zuckerberg.
A película podería entrar en fase produción a finais do presente ano.