Dell Adamo, novo portátil de luxo

martes, 17 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Pensando nos usuarios de maior poder adquisitivo Dell preparou un portátil de alta gama no que aposta por un elegante acabado de aluminio de xeito que entendemos que pretende enfrontarse ao MacBook Pro de Apple. Esta nova gama de portátiles estréase co Dell Adamo, que funciona cun procesador Intel Core 2 Duo, 2 Gb de RAM (cun máximo de 4 Gb), unidade SSD de 128 Gb, pantalla panorámica de 13,4 polgadas, Wi-Fi (802.11n), Bluetooth 2.1, opción 3G, 2 portos USB, 1 porto USB/eSATA, saída de vídeo DisplayPort, unha autonomía de ata 5 horas e o sistema operativo Windows Vista Home Premium na súa versión de 64 bits.
O prezo deste equipo parte de 1.999 dólares, e cómpre destacar que este lanzamento só é o inicio dunha gama de produtos baixo a marca Adamo.


Breve vídeo de presentación do Dell Adamo

PUBLICIDADE