Dell Venue 10 7000, un novo convertible para a empresa
xoves, 9 de abril do 2015
Buscando satisfacer a demanda de equipos convertibles dentro
do sector empresarial Dell está preparar o novo Venue
10 7000, que porase á venda a finais de mes cun prezo que partirá nos 499
dólares (nos EE.UU.) e de 629 dólares de incluír un teclado retroiluminado que
converte a tableta nun ordenador portátil.
Temos así unha tableta de 10 polgadas con Windows 8.1 que destaca por contar
cun grande cilindro metálico nun dos seus bordes, que serve para albergar
batería e outros elementos, así como para unir a pantalla co mencionado teclado
extraíble. O equipo conta cunha pantalla OLED cunha resolución de 2.560 x 1.600
píxeles, funciona cun procesador Atom de catro núcleos, batería de 7.000 mAh (cunha
autonomía dunhas 7 horas), e nos seus laterais podemos atopar un porto micro
USB, toma de auriculares e unha rañura microSD que permite ampliar a súa
capacidade de almacenamento interna até 512 GB. O grosor o Dell Venue 10 7000 é
de só 6,2 milímetros e pesa 598 gramos.
Unha das cousas máis salientables deste equipo é que, en vez de contar cunha
webcam ordinaria, inclúe a tecnoloxía RealSense de Intel, o que actualmente non
tería grande utilidade, pero que sería compatible coa función Windows
hello que Microsoft quere instaurar como sistema de identificación en Windows
10.
- O Dell Venue 10 7000 pode empregarse como tableta ou portátil