Dell comercializa un portátil para afeccionados a World of Warcraft
venres, 7 de decembro do 2007
As consolas de videoxogos empregan en moitas ocasións
a imaxe de xogos de éxito para potenciar as súas vendas, e Dell quixo trasladar
tal estratexia ós seus portátiles, de xeito que o vindeiro martes comezará a
vender nos EE.UU. una
versión especial do XPS M1730 coa estética do xogo World of Warcraft de Blizzard Entertainment.
Glen Robson, director dos sistemas XPD de Dell, asegurou que cos nosos equipos «os xogadores de World of Warcraft poden
agora ter o sistema definitivo para reflectir a súa paixón polo xogo» pois o
equipo presenta un deseño personalizado da parte traseira da pantalla LCD do
portátil, inclúe fondos de escritorio e protectores de pantalla baseados no
popular xogo en liña e unha chea de
complementos entre os que están varios xogos de World of Warcraft, guías de xogo e extras difíciles de atopar.
- O novo equipo distribúese nunhas orixinais caixas
O portátil XPS M1730 non só está personalizado coa estética de WoW, senón que
tamén conta cunhas prestacións moi avanzadas, coma LightFX, procesador móbil
AGEIA PhysX, pantalla LCD Logitech integrada (e optimizada para o seu uso con
xogos, cunha resposta de só 7 milisegundos), tarxeta de vídeo Nvidia SLI con
512 Mb de memoria e soporte de DirectX 10, procesador Intel Extreme Edition Core
2 Duo de ata 3,4 GHz, opcións entre discos duros duais ata 7.200 rpm ou disco
duro de memoria sólida de 64 Gb, unidade de disco Blu-ray, conectividade sen fíos
(Wi-Fi, Bluetooth e banda larga móbil) e cámara integrada.
Máis detalles sobre este orixinal portátil no seguinte vídeo: