Dell estrea monitor táctil de 21,5 polgadas
mércores, 29 de maio do 2013
Os monitores táctiles están a gañar relevancia en boa medida
grazas a Windows 8, e fabricantes como Dell están a reforzar a súa presenza no
seu catálogo, e tras pór á venda o Dell
S2340T por 699,99 dólares, estrean agora o Dell
S2240T, que pese a reducir o seu tamaño só de 23 a 21,5 polgadas, si mingua
considerablemente o seu prezo ata os 399,99 dólares, facéndoo máis asumible.
O Dell S2240T é un monitor Full HD (1.920 x 1.080 píxeles) capaz de detectar
ata 10 dedos na súa pantalla, cunha peaña que facilita a súa inclinación ata 60
graos para permitir un uso confortable e cun consumo realmente baixo (20 W para
un uso típico). Conta con conexións VGA, HDMI e DVI-D para vídeo, saída de
audio e USB 2.0 (para as funcións táctiles), é compatible VESA (o que permite a
súa colocación en soportes e brazos que faciliten a súa colocación na parede) e
supón unha importante aportación para quen queira empregar o seu ordenador de
sobremesa para diversas tarefas que poden ir dende o traballo e a escola ata os
usos máis lúdicos.
- O monitor pode inclinarse para un uso cómodo