Dell estrea un portátil económico con procesador ARM
mércores, 15 de marzo do 2023
Os ordenadores
portátiles con Windows baseados en arquitectura ARM, pese á súa eficiencia
enerxética, non acaban de callar no mercado, pero o novo equipo de Dell pode axudar
a mudar a situación, xa que o Dell
Inspiron 14 con procesador Qualcomm Snapdragon 8cx Gen 2 (o mesmo equipo
tamén existe con procesadores Intel e AMD) pode presumir dun deseño delgado,
lixeiro, silencioso (sen ventiladores) e cunha autonomÃa de até 16 horas de
duración por un prezo de só 499,99 dólares.
Este ordenador aÃnda non está no catálogo europeo de Dell, pero en vista das
súas prestación poderÃa recomendarse a estudantes ou profesionais que precisen
dun equipo cunha grande mobilidade.
Este novo portátil está equipado con 8 GB de memoria RAM LPDDR4x, 256 GB de
almacenamento NVMe, pantalla antireflexos Full HD de 14 polgadas, lector de
tarxetas microSD, 2 portos USB-C, 1 porto USB-A, conexión para auriculares,
webcam Full HD, 2 altofalantes, Wi-Fi 6 e Bluetooth 5.2, e mantén o seu peso en
1,44 quilogramos. Funciona con Windows 11 (modo S), e aÃnda que non é un equipo
de grande potencia, pode ser dabondo para traballo en grupo e tarefas de
produtividade, aÃnda que cómpre salientar que só permite instalar aplicacións
dende a tenda integrada no sistema operativo.
- Poder gozar de até 16 horas de autonomÃa é unha das grandes vantaxes do Dell Inspiron 14 con procesador Qualcomm