Dell podería lanzar un mini-tablet

xoves, 28 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Co gallo do lanzamento do iPad, moitos fabricantes preparan liñas de produto na mesma dirección, e leva un tempo falándose do Dell Mini 5, que encaixaría no que ata hai pouco chamabamos MID pero que algúns colocarán agora na familia dos tablet, e que podería terse filtrado nunha páxina web chinesa na que aparece identificado coma Model M01M, e que tería unha pantalla táctil de 5 polgadas cunhas resolución de 800 x 480 píxeles, procesador (¿Snapdragon?) a 1 GHz, Wi-Fi, Bluetooth, 3G, cámara de 5 Mpíxeles con dobre flash LED, cámara frontal, batería de 1.530 mAh e sistema operativo Android 1.6. Tamén aseguran que venderíase a 7.500 iuans (786,17 euros) e, para botar unha ollada máis directa ao produto, a xente de TechCrunch puido rexistrar en vídeo o que usa o propio Michael Dell, quen negouse a dar detalles técnicos do dispositivo, aínda que asegurou que chegaría ao mercado occidental «en poucos meses», polo que parece que nos vindeiros meses moitos fabricantes van experimentar con novos tamaños de dispositivo.


Michael Dell amosando o seu Mini 5


JPEG - 25.5 KB
Comparación de tamaño entre o novo Dell Mini 5 e o iPhone publicada nunha páxina web chinesa

PUBLICIDADE