Dell renova a súa tableta de 8 polgadas con Windows
mércores, 20 de xaneiro do 2016
Para usuarios profesionais que buscan levar enriba unha
tableta con Windows 10 que teña a potencia dun ordenador completo, Dell
vén de actualizar a súa Venue 8 Pro, de xeito que pasamos dunha tableta moi
básica (con procesador Intel Atom Z3745D e 2 GB de RAM) que aÃnda
está en catálogo a un prezo que parte dos 264 euros + IVE a unha tableta que
na súa configuración máxima conta con pantalla de 8 polgadas cunha resolución
de 1.920 x 1.200 pÃxeles, procesador Intel Atom X5 Z8500 a 2,4 GHz, 4 GB De RAM
e 64 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até
128 GB), que resulta moi práctico para que busque un equipo potente e moi
portátil.
Esta nova tableta ten unha baterÃa de alta capacidade que pode alimentarse mediante
o seu porto USB-C e unhas medidas de 216 x 130 x 9,45 milÃmetros, pesa 377,1
gramos e na súa versión con Wi-Fi custarÃa 419 euros + IVE, mentres que a
versión con LTE terÃa un prezo de 499 euros + IVE.
Paralelamente Dell tamén ofrece versións desta tableta con pantalla cunha
resolución de 1.280 x 800 pÃxeles e 2 GB de RAM para conseguir un prezo máis
axustado (entre 311 e 459 euros + IVE en función da súa configuración, no que
tamén ten unha influencia importante o feito de optar por unha versión
doméstica ou profesional do seu sistema operativo).