Desvelan como será o mando da PlayStation 5
mércores, 8 de abril do 2020
AÃnda que a aparencia externa da PlayStation 5 continúa a
ser todo un misterio, dende Sony dan pistas de liña estética que poderÃa seguir,
xa que veñen de presentar o que será o seu novo mando sen fÃos, que despréndese
da marca DualShock e pasará
a coñecerse como DualSense, nome que pretende pór o acento na tecnoloxÃa
háptica integrada como evolución da vibración tradicional, prometendo unha sensación
de xogo moi inmersiva.
O novo mando sorprende por optar principalmente pola cor branca, asà como por
ter una ergonomÃa que semella máis próxima á dos mandos de Xbox (o que dá a
entender que será bastante máis confortable que os DualShock). Tamén incorpora
gatillos adaptables nos botóns L2 e R2 (de xeito que notarase tensión real ao
efectuar accións como cargar e disparar unha frecha), os gatillos mudan o seu
ángulo para mellorar o agarre e incluso engaden un botón chamado Create
que promete ofrecer novos xeitos para crear contido de xogo que compartir co
mundo ou gozalo persoalmente (elemento do que darán máis detalles nos vindeiros
meses).
Un detalle a salientar é que o mando DualSense integra unha matriz de
micrófonos para que os xogadores non precisen de auriculares para poder
conversar cos amigos, o que pode resultar moi práctico para unha conversa
ocasional (para longas sesións de xogo os auriculares continúan a ser moi prácticos).
Durante os últimos meses chegou a rumorearse que o mando incorporarÃa unha
pantalla táctil, pero finalmente o DualSense conformouse con manter o panel
táctil que xa tiñan os mandos de consolas anteriores. Aos lados do panel táctil
estará a barra de luz do mando, posición que posiblemente será menos molesta
que a anterior (que en certas situacións provocaba reflexos na pantalla).
Haberá que agardar para coñecer a fondo este accesorio, do que pode resultar
preocupante para algúns que sexa tan complexo, xa que poderÃa indicar que terá
un prezo bastante elevado, incrementando o prezo de adquisición da PlayStation
5 nos fogares nos que sexa habitual gozar do multixogador local.