Desvelan o que podería ser o Acer DX900
mércores, 4 de febreiro do 2009
Agárdase que
durante o Mobile World Congress de Barcelona Acer anuncie oficialmente o que
será a súa grande aposta no sector da telefonía móbil, pero filtrouse á Rede o que sería
o Acer DX900, e non parece un terminal especialmente rechamante,
pois vería a ser unha versión remarcada
do Glofiish DX900 (actualmente á
venda por uns 479 euros), tras a compra do seu fabricante (E-Ten)
por parte de Acer.
O DX900 presume de ser o primeiro terminal de telefonía 3G con Windows Mobile
capaz de xestionar dúas tarxetas SIM (elixindo o usuario cal utiliza no momento
de efectuar a chamada), funciona co sistema operativo Windows Mobile 6.1, pantalla
táctil de 2,8 polgadas cunha resolución de 640 x 480 píxeles, conectividade
UMTS/HSDPA, Bluetooth e Wi-Fi, cámara de 3 Mpíxeles (así coma outra secundaria
para videoconferencia), integra GPS e tamén ten saída de televisión. Mide 106 x
60.5 x 17 mm e pesa 147 gramos.
De confirmarse que este sería o novo móbil de Acer, non parece que vaia ser un
grande éxito, aínda que a capacidade Dual SIM resulta interesante, pois o seu
prezo parece bastante elevado, e o formato físico do terminal sería moi pouco
atractivo se o comparamos con outros móbiles que se presentarán este mes.