Detectan que un único editor supera as 48.000 aplicacións en BlackBerry World

mércores, 21 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Preto da terceira parte das aplicacións en BlackBerry World poderían corresponder a un único editor

Mentres a App Store e Google Play teñan máis de un millóns de aplicacións nos seus catálogos, a competencia continúa a inchar o peito co crecemento do número de aplicacións para os seus dispositivos, pero estes datos poden verse dun xeito moi crítico, pois ante o feito de que o director xeral de BlackBerry asegurase en maio que en BlackBerry World hai un total de 120.000 aplicacións chega agora o descubrimento de que máis de 48.000 corresponden a un único editor, un tal S4BB Limited, que na súa meirande parte carece de interese, o que daría a entender que o catálogo de aplicacións móbiles para BlackBerry de xeito efectivo sería moi inferior ao que queren dar a entender.
Este descubrimento non máis que unha lousa máis sobre BlackBerry, compañía que non está a vivir bos momentos por contar cunhas malas previsións de futuro provocadas pola mala recepción dos seus terminais con BlackBerry 10 por parte do público, que relegaron á compañía a unha cuarta posición en sistemas operativos móbiles (véndose adiantada por Windows Phone).

PUBLICIDADE