Detectan un troiano en copias pirata do iWork ’09 para Mac OS X
xoves, 22 de xaneiro do 2009
A firma de
seguridade Intego publicou un boletÃn de seguridade advertindo que a través de
BitTorrent están a circular copias
do programa iWork ’09 para Mac OS X que inclúen un troiano coñecido coma
OSX.Trojan.iServices.A, que se agocha no paquete adicional iWorkServices.pkg e
que unha vez instalado conéctase a un servidor remoto a través da Internet,
para que se poida tomar control do equipo remotamente.
Dende Intego recomendan non descargar versións piratas do iWork ’09, pois o risco de infección é serio e xa terÃa
afectado a máis de 20.000 equipos.