DigiDesign incrementa a mobilidade das súas Pro Tools para a edición musical
luns, 29 de outubro do 2007
Os afeccionados á edición musical no seu ordenador
poderán empregar agora o seu portátil para estas tarefas grazas ó Mbox
2 Micro de DigiDesign, que nun pequeno dispositivo USB abre as portas ó
software Pro Tools (inclúe a versión LE) e ós seus engadidos, de xeito que
permite a edición, mestura e secuenciación de música, a composición de bucles e
o uso de instrumentos virtuais cun son de alta calidade (24 bits e 48 KHz).
O Mbox 2 Micro ten un conector para auriculares ou altofalantes con roda de
volume, de xeito que só inclúe saída de son (mentres que os dispositivos Mbox
2 Mini do mesmo fabricante tamén inclúe entradas, aínda que cun tamaño
moito menos compacto), mide 8,9 x 3,17 x 1,11 cm e pesa 34 gramos. Sairá á
venda en novembro por 280 dólares.