Disco duro en rede para servir contidos multimedia
xoves, 6 de novembro do 2008
Os discos duros en rede
están a gañar peso no mercado ante a posibilidade de achegar os ficheiros
almacenados nos mesmos a distintos equipos da rede local (ou incluso a compartir ficheiros a través da Internet),
polo que os fabricantes teñen que buscar caracterÃsticas diferenciadoras que
lles permitan destacar para facelos atractivos, e asà o LaCie Internet Space,
que se vende en tamaños de 500 Gb e 1 Tb por 170 e 230 euros respectivamente, inclúe
de serie compatibilidade
uPnP e DLNA, ou dito doutro xeito, permite que os contidos
audiovisuais almacenados no mesmo se poidan levar a reprodutores multimedia
avanzados ou a consolas como a Xbox 360 ou a PlayStation 3, de xeito que se
converte nun complemento ideal para levar os vÃdeos descargados da Internet ao
televisor do salón.
Adicionalmente o disco duro de LaCie incorpora un porto USB 2.0 para poder
conectar un disco duro externo (e poder facer copias no mesmo) e inclúe a
aplicación informática DesktopMirror (para PC e Mac) precisamente para facer
copias de seguridade.
O LaCie
Internet Space ten conectividade Gigabit Ethernet, mide 117 x 193 x
45 milÃmetros, pesa 950 gramos e presenta unha aparencia bastante elegante que
non desentoa xunto a moitos outros trebellos informáticos.