Disco duro portátil para as consolas de videoxogos

venres, 18 de abril do 2008 Marcus Fernández

Iomega vende un novo disco duro portátil de 2,5 polgadas (ou sexa, alimentado a través de USB) que destaca por estar pensado para as novas consolas de videoxogos, pois o Media Xporter pretende aproveitar o feito de que a Xbox 360 e a PlayStation 3 inclúan soporte nativo de formatos coma MP3, MPEG-4 e JPEG, de xeito que se vende cunha aplicación que adapta os contidos multimedia a formatos compatibles coas consolas, para velos comodamente no televisor ao que conectamos a consola de última xeración.
Este disco duro ten unha capacidade de 160 Gb, mide 12,89 x 7,44 x 1,24 centímetros e pesa 0,17 quilogramos, vendéndose nos EE.UU. a 113,95 dólares e a 99 euros no vello continente.

PUBLICIDADE