Disco multimedia de Best Buy con saída HDMI

luns, 8 de setembro do 2008 Marcus Fernández

A demanda do vídeo de alta definición para tirar proveito dos novos televisores fixo que Best Buy comezase a comercializar o seu disco duro multimedia Easy Player Media Recording HDMI, que non só permite ver contido almacenados no mesmo (ou achegados a través da súas conexións Ethernet e USB) sen a axuda dun PC .
Grazas á súa saída de vídeo HDMI permite a visualización dos vídeos con alta calidade a resolucións de 720p e 1.080i, aínda que tamén incorpora función de gravación, para o que conta con entradas de vídeo e audio por RCA. As gravacións se poden editar (eliminar escenas ou dividir en capítulos) e tamén se pode tirar proveito desta capacidade para facer time shifting (ou sexa para pausar o que estamos vendo para continuar coa reprodución en diferido máis tarde).
Este disco duro multimedia tamén pode funcionar coma unidade de almacenamento en rede e con opción de integrar Wi-Fi. Deste xeito é unha completa solución para acceder e gardar vídeos dende calquera lugar dun domicilio.
O Easy Player Media Recording HDMI funciona con discos duros SATA de 3,5 polgadas de ata 1 Tb, vendéndose por 229 euros o modelo de 750 Gb. A unidade é compatible con ficheiros multimedia de diversidade de formatos (MPEG-1/2/4, XviD, VOB, AVI, DAT, IFO, MP3, WMA, AAC, WAV, OGG, JPG e BMP) soportando tamén subtítulos (en formato SRT, SMI, SSA, PSB, USB e IDX).

PUBLICIDADE