Disco para copias de seguridade co tamaño dunha tarxeta de crédito

luns, 11 de maio do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios que queiran facer copias de seguridade do seu equipo informático poden optar por unha solución versátil e de pequeno tamaño, coma son os discos USB Clickfree Traveler, que nunhas medidas de 85 x 53 x 5 milímetros (dimensións semellantes ás dunha tarxeta de crédito) e un peso de 30 gramos contan cunha capacidade de entre 16 e 64 Gb e que inclúe un software que realiza unha copia de seguridade de todo o noso disco duro (sen precisar de instalación) e que tamén pode pasarse a discos ópticos grazas á aplicacións ClickFree DVD Transformer.
O modelo de 16 Gb do Traveler véndese a 79,99 dólares (58,82 euros), mentres que as versións de 32 e 64 Gb están á venda por 149,99 dólares (109,57 euros) e 249,99 dólares (183,10 euros) respectivamente.

PUBLICIDADE