Discos duros móbiles de 2,5 polgadas e 250 Xb

luns, 21 de maio do 2007 Fernando Sarasketa

Western Digital segue á procura da capacidade ilimitada nos seus discos duros. Polo de agora, os esforzos serviron para conseguir aparellos con 250 XB, o que non está nada mal. Trátase da serie WD Scorpio ATA (SATA) de 2,5 polgadas, que inclúen unha tecnoloxía demoninada “PMR” (Perpendicular Magnetic Recorder) que serve, coloquialmente falando, para facer sitio. É dicir: para obter meirande espacio nestes formatos de discos pequenos. Segundo informa a casa fabricante, o resultado son discos duros silandeiros, ecolóxicos (empregan menos enerxía) e que operan a temperaturas baixas.
Para a compañía, incluír todas estas vantaxes e características nun trebello de 2,5 polgadas constitúe sen dúbida o gran reto da tempada.
O WD Scorpio integra tamén tecnoloxía SockGuard nos eidos do firmware e do hardware, co obxectivo de protexer a mecánica e a superficie do disco. Entre as súas características técnicas atopamos unha velocidade de xiro de 5.400 revolucións por minuto e un consumo semellante ó dos discos de 4.200 rpm, informa Western Digital. O seu prezo estimado é de 170 euros.

PUBLICIDADE