Dixitalizador de cintas de casete

xoves, 16 de abril do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios que queiran recuperar vellas gravacións en cintas de casete poden optar por adquirir un trebello de Novac chamado MV-CM001U (aínda que tamén responde ao lema CASSETTE to DIGITAL) que consiste nun reprodutor de casetes que se conecta ao ordenador por USB e permite converter o son reproducido a WAV, WMA e MP3, nos dous últimos casos a compresións de 32, 64, 128, 192 ou 320 Kbps grazas á aplicación Cassette Mate para Windows XP e Vista.
O dispositivo mide 16,5 x 13,5 x 14,5 centímetros, pesa 1,4 quilos, inclúe un altofalante integrado de 1,5 W e sairá á venda no Xapón o 24 de abril a uns 7.980 iens (61 euros).

PUBLICIDADE