Dodro, Rois e Padrón formarán a mocidade local en elaboración de páxinas web

mércores, 7 de xullo do 2021 Sandra Rivadulla

Os Concellos de Dodro, Rois e Padrón organizan un obradoiro de emprego xuventude 2021, unha formación que pon o foco nun ámbito de gran importancia no mercado laboral e empresarial: a elaboración de páxinas web.
O obradoiro de emprego Xuventude en Acción 2021 está financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade e a Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
O obxectivo consiste en facilitar a incorporación ao mercado laboral de mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que estean desempregados. Os tres concellos promoven o obradoiro, co fin de formar a 15 alumnos/as traballadores durante un ano na confección e publicación de páxinas web.
Os máis novos deben estar inscritos no Programa de Garantía Xuvenil e no Servizo de Emprego Público cos códigos 340, 320 e 370. De feito, o alumnado deberá ter o Graduado de ESO ou o certificado de Competencias clave de nivel 2 e estar censado en Rois, Padrón ou Dodro.
O prazo para inscribirse no Servizo Público de Emprego con estes códigos remata 8 de xullo de 2021

PUBLICIDADE