E Ink mellora a velocidade e a resolución da súa tinta electrónica en cor
luns, 25 de abril do 2022
AÃnda que as tabletas teñen moi consolidada a súa posición
como dispositivos para consumo de contidos, os lectores de libros electrónicos
resÃstense a desaparecer, mantendo unha boa posición para a lectura de texto e
aspirando a conquistar novos terreos grazas á evolución da tecnoloxÃa de E Ink,
que está
a presentar E Ink Gallery 3, unha nova xeración da tinta electrónica en cor
que poderá dar lugar a dispositivos moi interesantes.
Con Gallery 3 o tempo de actualización en branco e negro é de só 350
milisegundos, mentres que o modo de cor rápido pode refrescarse en 500
milisegundos, aÃnda que no modo de cor estándar o tempo oscila entre os 750 e os
1.000 milisegundos e, de querer a maior calidade de cor, haberÃa que agardar
1.500 milisegundos para o debuxado. Estamos ante unha importante evolución con
respecto á primeira xeración desta tecnoloxÃa (que tardaba até 10 segundos en
actualizar unha imaxe en cor). Tamén é moi rechamante a súa mellora de
resolución, que chega por fin aos 300 puntos por polgada, rivalizando dos lectores
de libros electrónicos en branco e negro.
Tamén é importante o feito de que con E Ink Gallery 3 poidamos empregar lapis
dixitalizador, o que permite crear produtos que poden converterse en sucesores
naturais dos cadernos en papel.
Esta tecnoloxÃa poderase ver en persoa esta mesma semana na feira Touch Taiwan 2022, con
prototipos con pantallas encartables e enrolables.
VÃdeo no que podemos ver un prototipo de pantalla encartable con tecnoloxÃa E Ink Gallery 3
Demostración de pantalla enrolable con tecnoloxÃa E Ink Gallery 3