Económico reprodutor multimedia HD de ViewSonic

venres, 6 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Os reprodutores multimedia que permiten reproducir no televisor os contidos almacenados en discos duros externos comezan a gozar de carta popularidade, en boa medida por permitir a reprodución de vídeos en alta definición, e aínda que o WD HD TV sexa un referente inevitable, agora ViewSonic conta tamén co reprodutor VMP70, que achega vídeo ata 1.080p a través de HDMI ou compoñentes, soportando vídeos en MPEG-1/2/4, DivX/Xvid, H.264, VC1 e RM/RMVB e son en WMA, MP3, DTS, Dolby digital, OGG, AAC e outros, que aínda que ten un prezo de venda recomendado de 129,99 dólares (87,55 euros) neste momento é posible adquirilo por 98,99 dólares (66,67 euros), de xeito que a competencia parece estar a provocar unha baixada de prezos neste tipo de produtos para beneficio dos consumidores.
Por desgraza este reprodutor carece de soporte de vídeos MKV (o que resulta bastante sorprendente, por ser o estándar actual na alta definición) e aínda non sabemos se o seu agresivo prezo chegará a Europa.

PUBLICIDADE