Elegante disco duro portátil de coiro de Freecom

luns, 4 de xullo do 2011 Marcus Fernández

O disco duro Freecom Mobile Drive XXS Leather xa está dispoñible, de xeito que os usuarios que queira gozar dun disco duro portátil elegante e práctico pode optar por facerse con esta unidade de 2,5 polgadas cunha carcasa de coiro negro que está á venda en capacidades de 320, 500 e 640 Gb a 89, 109 e 119 euros respectivamente.
O Mobile Drive XXS Leather mide 11,3 x 8,6 x 1,2 centímetros, pesa 140 gramos, incorpora conectividade USB 3.0 (compatible con portos USB 2.0) cunha velocidade de transferencia duns 130 Mb/segundo e vén formatado en FAT32. Non precisa de alimentación adicional para operar (pois pode tomar a enerxía a través do propio porto USB) e inclúe as aplicacións Nero BackitUp & Burn, facilitando a realización de copias de seguridade.

JPEG - 37.5 KB
O disco duro de Freecom funciona tanto a través de USB 3.0 como de USB 2.0

PUBLICIDADE