Elegantes e potentes altofalantes USB
luns, 15 de xuño do 2009
Rara vez podemos
atopar uns altofalantes USB que teñan un deseño agradable e un son de calidade,
pero os Edifier
Luna2 conseguiron combinar ambas caracterÃsticas, pois estes altofalantes
achegan unha boa calidade acústica, unha
potencia de 30 W por canle, entradas de audio analóxica e dixital (para
poder aproveitar os altofalantes para escoitar música do noso reprodutor
multimedia portátil), un panel táctil para controlar as súas funcións básicas,
un peso duns 2
quilos por altofalante e un prezo tamén un bastante elevado (239
euros).