Emisor de radio FM con porto USB
luns, 17 de novembro do 2008
Moitos son os
emisores de radio FM que permite levar a música do noso reprodutor multimedia
favorito á radio do automóbil, pero o TrekStor
RadioStation f.ox vai un paso máis aló e aparte de transmitir música
de reprodutores conectados a través dun cable de liña tamén permite a
reprodución musical de ficheiros MP3 e WMA dende memorias USB que se conecten a
este dispositivo que se alimenta do acendedor do noso vehículo.
O emisor inclúe unha pequena pantalla (con displays
de 7 segmentos), permite establecer ata 14 presintonías (para emitir a música
en distintas frecuencias, o que resulta moi cómodo se nos movemos por distintas
localidades, ou sexa, cunha ocupación de frecuencias de radio FM diferente) e o
seu conector USB non serve só para ler ficheiros de son, senón que tamén se
pode aproveitar para cargar os nosos reprodutores multimedia (de soportar carga
por USB, o que é habitual na meirande parte de dispositivos).