Emporia Elegance, un móbil para persoas maiores comercializado por R

luns, 13 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Os teléfonos móbiles deseñados para persoas maiores pola súa facilidade de uso e polo tamaño das súas teclas e pantallas están a ser un interesante reclamo para as operadoras de telefonía, e mentres Orange comercializa o seu Esencial fabricado por ZTE, a galega R fai o propio co Emporia Elegance, de fabricación austríaca, que mide 109 x 50 x 12 milímetros, pesa 92 gramos, está orientado para o seu uso para chamadas e mensaxes de texto, conta cunha ampla pantalla OLED monocroma de alto contraste de 1,8 polgadas e con letras de grande tamaño, teclas extragrandes (1 centímetro de ancho), alarma e lanterna. Tamén conta con espertador, altofalante con volume extra alto e compatible con audífonos, unha autonomía de 300 horas en espera e 240 minutos en conversa e un prezo de venda de 129 euros libre e 0 euros con portabilidade a un contrato cun consumo mínimo de 6 euros/mes.

PUBLICIDADE